Presentación libro: «As malas ideas» de María Solar
Evento xa rematado
-
Data
6 mayo, 2026
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 6 de maio a presentación do libro As malas ideas, de María Solar. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e estará presentado pola xornalista Tensi Gesteira.
SINOPSE: Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede. María Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.