Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Antes de que todo cambie» de Manel Loureiro

A Libraría Miranda organiza o 27 de xullo a presentación do libro Antes de que todo cambie, de Manel Loureiro. O acto será ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: a vida de Samuel Hoyos, un home de turbio pasado, quedou marcada para sempre por unha traxedia familiar que o empurrou a unha espiral de autodestrución. Pouco despois, illado e sen nada que perder, unha muller tan poderosa como enigmática faille unha proposta impensable: asasinar nun golpe maxistral a todos os mandatarios da Unión Europea durante un cumio extraordinario que se celebrará na illa de A Toxa.

Para Sam, a misión é tan suicidade como sedutora. Movido polo rancor e pola certeza de que as súas habilitades convérteno na única persoa capaz de levala a cabo, acepta un plan que desafía toda lóxica, e pon en xaque a seguridade do continente. Cada movemento esixe precisión absoluta; cada erro pode ser fatal.

Mentres tanto, a inspectora Julia Duarte inicia unha investigacuón que avanza a contrarreloxo. Sen sabelo, a súa persecución non só se achega perigosamente ao responsable do comploto, senón tamén a un pasado que cría enterrado. A medida que as pezas encaixan, Duarte descobre que tras a ameaza se oculta unha complexa trama de intereses, segredos e traizóns na que nada é o que parece e ninguén está a salvo.