Presentación libro: «Amnesia» de Francisco Lorenzo
Evento xa rematado
-
Data
22 octubre, 2025
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 22 de outubro a presentación do libro Amnesia, de Francisco Lorenzo. O acto será ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: Na vida de Arturo comezan a acontecer cousas estrañas. O seu tranquilo fillo de dez anos agrede a un compañeiro da clase. Os seus veciños acúsano de ladrón, cando el xamais roubou a ninguén. Perde cousas e sofre esquecementos. Os médicos non lle dan importancia pero el sente que algo non vai ben. Quizais o estrés estalle comezando a pasar factura e a súa mente lle xoga malas pasadas. Ou pode que, en realidade, alguén estea utilizándoo para acadar os seus obxectivos.