Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Agapito García Atadell. El invierno del chequista» de Francisco Rodríguez Pastoriza

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 1 de xullo a presentación do libro Agapito García Atadell. El invierno del chequista, de Francisco Rodríguez Pastoriza. O acto, que se celebrará ás 21 horas no Centro Social do Mar, contará coa intervención de Álvaro Otero.

SINOPSE: Unha das checas máis violentas foi dirixida por Agapito García Atadell, sindicalista, loitador, antifascista dende a súa miltancia no PSOE e o PCE, nacido en Viveiro, e cuxa actividade á fronte da organización dexenerou ata a corrupción e o crime. Esta é unha biografía novelada de García Atadell, responsable das actividade da che que levaba o seu nome. Algúns episodios obedecen a feitos reais documentais e outros son froito da imaxinación.