Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Posto de Interfish para promoción de marraxo, peixe espada e tintoreira

Evento xa rematado

A Organización Interprofesional da Pesca en España, Interfish – España, está desenvolvendo unha campaña para promover o consumo de marraxo, peixe espada e tintoreira. No marco desta iniciativa, a Praza Massó de Bueu acollerá o 16 e o 17 de agosto un posto no que se poderán coñecer máis sobre estas especies e gozar de tapas gratuítas elaboradas con elas.

O horario do posto será das 19.00 ás 22.00 horas.