Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Paseo nocturno «Animais da noite»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna, que terán lugar ao longo do mes de agosto e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.

O 23 de agosto celebrarase un paseo nocturno no que nos adentraremos na Natureza de Udra para coñecer a vida doutros seres nocturnos que viven neste espazo, como as Avenoiteiras, Curuxas, Avelaionas, entre outros. Para poder aprender acerca destes fascinantes seres nocturnos realizaremos diferentes “reclamos” cos que de forma moi probable poderemos observar o voo da Avenoiteira ou á Curuxa e si temos sorte tamén escoitar o canto das Avelaionas.

Os datos da actividade son os seguintes:

  • Duración: 1 hora e media
  • Horario: De 21,15 a 22,45 h
  • Data: Venres 23 de Agosto
  • Destinatarios: Tódolos públicos. Nenos a partir de 7 anos.
  • Punto encontro: Aparcadoiro Praia Ancoradouro: Ubicación Google Maps:
    https://maps.app.goo.gl/Trxzri5TRHXeDNiX8
  • Aforo: 25 participantes
  • INSCRICIÓNS