Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Paseo familiar «O intermareal»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra, que terán lugar ao longo do mes de agosto e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.

O 25 de agosto está programado o paseo familiar «O intermareal», unha actividade familiar de exploración do medio intermareal e investigación de charcas e sistemas rochosos intermareais e a diversa e valiosa fauna que o habita.

Os datos da actividade son os seguintes:

  • Duración: 1 h
  • Horario: De 12,30 a 13,30 h
  • Destinatarios: Público Familiar. Menores a partir de 4 Anos
  • Aforo: 25 participantes
  • Lugar: Praia de Mourisca / Praia Ancoradouro (dependente da previsión meteorolóxica imperante)
  • INSCRICIÓNS