Outubro de contos: «O traxe novo do rei» de Tarabelos
-
Data
24 octubre, 2024
-
Hora
5:30 pm - 7:00 pm
Outubro é o mes das bibliotecas, e o Concello de Bueu celébrao cunha nova rolda de contos, no marco do programa “Outubro de contos” e do “Ler conta moito”, que xa tivo sesións en abril e en xuño deste ano cun gran éxito de público.
Dende a concellaría de cultura e bibliotecas, dirixida por Carmen García, preséntanse agora tres novas obras que encherán as bibliotecas de amor polas palabras co fin de achegar a lectura á cativada.
O xoves 24, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, na Biblioteca Municipal de Bueu, poderase gozar ás 17.30 horas da obra de títeres “O traxe novo do rei” de Tarabelos, na que se conta a historia dun traxe especial, para un rei especial, que promete caprichos inigualables e mesmo incrementa a intelixencia de quen o viste.