Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ollándonos no espello do tempo: Os infinitos «onte» da palabra «hoxe»

Evento xa rematado

Arturo Sánchez Cidrás impartirá o 20 de agosto a palestra “Os infinitos onte da palabra hoxe”, que se pode definir coma unha antropoloxía da historia de Bueu e co que se pretende captar o espírito local e o seu avance. Segundo el mesmo destaca, “é un percorrido pola nosa memoria a través de pequenas grandes historias”.

A actividade será ás 20.30 horas no Centro Social do Mar e insírese no marco das xornadas «Ollándonos no espello do tempo» organizadas polo grupo O mar por diante e o Concello de Bueu.