Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ollándonos no espello do tempo: conferencia «Bueu, fotos dunha guerra»

Evento xa rematado

O 6 de agosto, ás 20.30 horas, Francisco Rodríguez Pastoriza impartirá no Centro Social do Mar a conferencia “Bueu, fotos dunha guerra”, unha actividade na que se fará unha recompilación de imaxes da guerra achegadas pola veciñanza de Bueu e procedentes de arquivos históricos.

A actividade forma parte das xornadas «Ollándonos no espello do tempo», organizadas polo grupo O mar por diante e o Concello de Bueu.