Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Observación nocturna do ceo con telescopio

Evento xa rematado

O Museo Massó, coa colaboración da Asociación Astrovigo, organiza o 16 de agosto unha observación do ceo con telescopio na zona de Cabo Udra. A actividade será ás 22 horas e requírese inscrición previa en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886151101.

O desprazamento á zona será por conta propia e os telescopios estarán ubicados na zona do aparcadoiro de Cabo Udra xunto á praia de Ancoradouro.