Obradoiros infantís de Entroido sobre o Paxaro de Mal Agoiro
Evento xa rematado
-
Inicio
3 marzo, 2025
11:00 am -
Fin
5 marzo, 2025
1:00 pm
Os máis pequenos e pequenas poderán participar nos obradoiros de Entroido que organiza o Concello de Bueu do 3 ao 5 de marzo, entre as 11 e as 13 horas, na carpa de As Lagoas, e nos que o artista local Tino Resille realizará diversos xogos e actividades para vincular á cativada co Entroido e concretamente co Paxaro de Mal Agoiro. As actividades van destinadas aos nenos e nenas de 7 a 14 anos, ou de 5 a 7 anos acompañados dunha persoa maior.