Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro musical polo Día das Letras Galegas

Evento xa rematado

A Asociación Amodiño e a Aula de Estudo AL organizan o 17 de maio un obradoiro musical para público familiar co que se celebrarán as Letras Galegas. O taller será de 11.00 a 13.00 horas e nel aprenderanse creacións musicais, cultura local e fomentarase a arte.

As persoas que desexen participar deberán anotarse no enderezo electrónico espazosementeira@gmail.com ou nos teléfonos 623579783 e 644150884.