Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

«Novas Tolemaxias» co Mago Teto

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o 29 de decembro o espectáculo «Novas Tolemaxias» da man do Mago Teto. A actividade terá lugar ás 19.00 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE:

Un espectáculo de 90 min. destinado a todos os públicos.

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorno a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.

E esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.