Noite de Festivais
Evento xa rematado
-
Data
25 abril, 2026
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
| O FICBUEU celebra o sábado 25 de abril unha nova edición da Noite de Festivais, que se desenvolverá ás 21 horas no Centro Social do Mar. Unha proposta que se consolida como unha das citas máis especiais da súa programación anual, creando un espazo de encontro entre certames internacionais e o público arredor do cinema en formato curto. |
| A sesión reúne catro curtametraxes seleccionadas por festivais internacionais convidados, que achegan a Bueu unha mostra representativa das súas liñas curatoriais. O resultado é un programa diverso que permite ao público descubrir historias e miradas procedentes de distintos contextos culturais, dificilmente accesibles nos circuítos habituais. Nesta edición participan o Adriatic Film Festival (Italia), o Chaktomuk Short Film Festival (Camboxa), o Alexandria Short Film Festival (Exipto) e o Curtas Vila do Conde International Film Festival (Portugal). Unha sesión que combina propostas moi diversas dentro do cinema en formato curto |