Mercado de 2ª man e artesanía da Banda do Río
Evento xa rematado
-
Inicio
13 agosto, 2025
Evento todo o día -
Fin
14 agosto, 2025
Evento todo o día -
Banda do Río
Rúa Banda do Río
A Asociación Veciñal da Banda do Río, coa colaboración do Concello de Bueu, pon en marcha o I Mercado Veciñal da Banda do Río, que se celebrará o 13 e 14 de agosto con produtos de 2ª man e artesanais.
Agora mesmo, a participación está aberta a todas as persoas interesadas que queiran vender, doar cousas usadas ou dar a coñecer as súas creacións de artesanía, independentemente da idade e da vinculación co barrio. Para montar un posto de venda, cómpre inscribirse previamente a través dun whatsapp ao teléfono 695661774, facendo constar o nome e o tipo de produtos que se van ofrecer no posto que deberá ter un tamaño máximo de dous metros.
O mercado vaise desenvolver en horario das 18.00 ás 22.00 horas na zona da Ribeira, e dende a asociación buscan dinamizar o barrio e ofrecer alternativas de ocio nos espazos portuarios e de interacción para a veciñanza.