Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ludoteca de Nadal Sementeira

Evento xa rematado

O Espazo Educativo Sementeira organiza a Ludoteca de Nadal, un espazo pensado para que as máis pequenas e pequenos gocen das vacacións escolares nun ambiente seguro, educativo e cheo de diversión.

Ao longo destas semanas realizaranse multitude de propostas lúdicas e educativas:
• Obradoiros de manualidades e actividades de temática navideña.
• Sesións formativas “Bo uso dos videoxogos” e “Benestar e prevención de riscos dixitais”, orientadas a fomentar hábitos saudables no ámbito tecnolóxico.
• Dúas excursións, sempre que o tempo o permita.

Dirixida a: nenos e nenas a partir de 6 anos.
Datas: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluídos, agás os días festivos.
Horario: de 9:00 a 14:00 h.
Tarifas:
• Programa completo de Nadal: 110 €
• Semana solta: 60 €
• Día solto: 20 €
• Desconto para irmáns/ás: 10 € de desconto para o/a segundo/a irmán/á inscrito/a.

Máis información nos teléfonos 623579783 (Espazo Sementeira) – 644150884 (Asociación Amodiño)