Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

IX Filloada de Meiro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e a Asociación Veciñal A Morada organizan o 4 de marzo a IX Filloada de Meiro, un evento no que as filloas e as comparsas da vila serán as protagonistas.

A xornada arrancará ás 16 horas no recinto de A Morada coa elaboración das filloas. A partir das 17 horas haberá xogos populares e actuará DJ Tomimagic.

Ás 20.30 horas será o Festival de comparsas presentado por Fernando Miranda e no que actuarán Vou nun bou, As Faltriqueiras, Tinta Femia, Os Kantaclaro, Os Mulos e Os do Pinsel.