IV Bandeira Concello de Bueu da Liga ACT
Evento xa rematado
-
Data
30 agosto, 2025
-
Hora
6:20 pm - 8:00 pm
A vila de Bueu acollerá o próximo sábado, 30 de agosto, a IV Bandeira Concello de Bueu da Liga Eusko Label, polo que se converterá nunha das sedes do remo de primeira división. O evento está organizado polo Concello de Bueu e a Asociación de Clubs de Traineras (ACT), coa colaboración do Club do Mar de Bueu.
A regata da Liga Eusko Label ACT deste sábado arrancará ás 18.20 horas co campionato masculino que se estenderán ata as 20 horas segundo a previsión da organización. Nela agárdase a participación dos clubs da ACT, na que hai dous galegos: CR Cabo da Cruz e CR Ares, logo de que o pasado ano descendese o Club do Mar Bueu.
O percorrido iniciarase dende o peirao da vila, con doce barcos, castro longos e tres quendas. Na primeira quenda sairán CR Cabo da Cruz, Kaiku, CR Ares e Ondarroa Kide; na segunda, San Juan CMO Valves, Lekitarra Elecnor, Getaria e Orsa Hondarribia; e na terceira, Bermeo Urdaibai, Naiz Homes Donostiarra, Zierbena Bahias de Biskaia e Orio Orialki. Ademais da regata, que se poderá ver dende o peirao, a organización terá unha fan zone con pantalla xigante e con postos de comida, polo que se convida á cidadanía a gozar deste espectáculo.