Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Foro GALP

Evento xa rematado

No marco do proceso de avaliación intermedia da EDLP, o GALP Ría de Pontevedra celebrará o vindeiro venres 24 de abril, ás 19:00 horas, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu, o Foro de Avaliación Intermedia aberto á participación da cidadanía e dos axentes do territorio.

Este encontro dá continuidade ao traballo desenvolvido nas mesas sectoriais, nas que se analizaron os resultados das actuacións impulsadas entre 2023 e 2025, período no que se mobilizaron máis de 3 millóns de euros a través do FEMPA para proxectos de innovación, diversificación económica e valorización do patrimonio mariñeiro.

O foro preséntase como un espazo de diálogo e reflexión colectiva para avaliar o camiño percorrido e recoller propostas que permitan adaptar a estratexia ás necesidades reais do territorio, reforzando a gobernanza participativa.

As persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa participación enviando un correo electrónico a: gacpontevedra@gmail.com.