Final 4 da 2ª Autonómica de Balonmán
Evento xa rematado
-
Inicio
9 mayo, 2026
11:00 am -
Fin
10 mayo, 2026
8:00 pm
- O evento desenvolverase o sábado e o domingo, 9 e 10 de maio, no Pavillón Municipal Pablo Herbello
O Pavillón Municipal Pablo Herbello acollerá esta fin de semana, 9 e 10 de maio, a Final 4 de 2ª Autonómica Masculina e Feminina da tempada 2025/2026, un evento organizado polo Bueu Atlético Balonmán coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, Concello de Bueu, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, e no que se fai un chamamento para encher o pavillón toda a fin de semana.
Bueu converterase durante esta fin de semana nun novo escenario de referencia para o balonmán galego, acollendo unha fase final que reunirá a algúns dos mellores equipos da 2ª Autonómica nun formato de competición atractivo e decisivo para a loita pola praza para o ascenso a máxima categoría galega.
Horarios da competición
Sábado
11:00h – SAR Globalmar – Martínez & De Castro Balonmán Tui
13:00h – Parrillada La Ronda Arteixo – Hotel Carlos I Silgar Sanxenxo Balonmán
16:30h – SAR Impernoroeste – Cíes Obra Civil Balonmán Chapela
18:30h – Lirón Store Mareiras Bueu Atlético Balonmán – CdeC Lavadores Vigo B
Domingo
10:30h – 3º e 4º posto masculino
12:30h – 3º e 4º posto feminino
16:00h – Final masculina
18:00h – Final feminina
Entradas
A venda de entradas realizarase unicamente de maneira presencial en taquilla durante todo o evento.
A Federación Galega de Balonmán anima a toda a afección a achegarse ao Pavillón Pablo Herbello para gozar da última Final 4 da tempada, agradecendo o traballo do club organizador, así como o apoio do Concello de Bueu e das distintas institucións implicadas na celebración desta cita deportiva.