Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU)
-
Inicio
5 septiembre, 2025
Evento todo o día -
Fin
20 septiembre, 2025
Evento todo o día -
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O 18º Festival Internacional de Cinema de Bueu celebrarase do 5 ao 20 de setembro de 2025 na localidade de Bueu, e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.
A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do 1 de xaneiro do 2024, podendo concorrer creadoras e creadores de calquera nacionalidade sempre e cando teñan cumprido 18 anos de idade. Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. Non serán admitidas as curtametraxes que xa fosen presentadas en edicións anteriores.
Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas coa sétima arte, entre as que destacará a programación das IV Xornadas Cinematográficas. Haberá tamén música, obradoiros ou unha nova edición da Ruta de tapas 5 Estrelas. A partir do 15 de setembro, volverá o MINIFIC e con el todo un programa de actividades para a cativada e os centros de ensino.
A imaxe desta nova edición do festival está inspirada na temática que se abordará a través da Sección Retrospectiva, o exilio e a imaxe. As proxeccións da Retrospectiva irán acompañadas da presentación e publicación do Caderno FICBUEU #6 “Imaxes do exilio / Exilios da imaxe”, elaborado polo investigador e docente José Manuel Mouriño que explorará a figura do exilio desde a súa dimensión visual.
A identidade visual da 18ª edición é unha pintura de Remedios Varo, tratada co uso da textura de mapa de calor e movemento, facendo alusión á deslocalización como motor creativo e estético