Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas de Cela

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza esta semana as festas de Cela, que contarán cunha programación variada e diversa destinada ao público familiar.

E en colaboración da Asociación da Xuventude de Cela, organizaranse o 18 de agosto as Festas de Cela. Os festexos arrancarán ás 13 horas cos oficios relixiosos coa música do Coro Lestonnac e a procesión coa Banda de Gaitas Manxadoira. Ás 19 horas estará o Mago Noel no Torrecino para deleitar ao público co seu espectáculo «Que curioso!», e rematará a xornada cunha verbena a cargo da orquestra Magos, na que tamén se poderá gozar do tradicional bochinche.

Ademais haberá oficios relixiosos o xoves ás 13 horas na honra de Santa María e procesión do cuarteto Os Palleta Mollada. E o venres, misa na honra de San Roque á mesma hora.