Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Feira Bueu non Stock

Evento xa rematado

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), entidade integrada en FECIMO, está a organizar a cuarta edición do «Bueu non Stock», unha feira de oportunidades que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xullo no aparcamento de As Lagoas en Bueu, como en anos anteriores.

A organización está a traballar un ano máis nunha nova edición onde hai 23 empresa inscritas, completando así o aforo de participantes, que se instalarán en carpas individuais de 25 metros cadrados no recinto que se habilitará para tal evento. As empresas que participarán pertencen á localidade de Bueu na súa maioría, aínda que tamén haberá establecementos de Cangas e Moaña.

O horario da feira será de venres a domingo de 10:30 h a 14:00 h. e de 18:00 h a 22:00 h.

Para dinamizar o evento, coas compras realizadas nas empresas participantes, repartiranse entradas para que os máis pequenos e pequenas poidan gozar dos hinchables que se instalarán en horario de tarde. Por outra banda, os clientes poderán acadar fantásticos premios, participando nos sorteos que se realizarán os días de celebración.

Os visitantes desta feira poderán escoller entre unha ampla gama de produtos e sectores como moda, calzado, complementos, lencería, floristería, xoiería, descanso, perfumería, óptica, confección… a prezos de ganga.

As empresas de proximidade participantes, na súa maioría da localidade de Bueu, aínda que tamén de Cangas e Moaña, serán: ALEALI ZAPATERÍA, ARTEGALIA, CHESTER, CINANIASHOP, COLORS, COUSIÑAS DE KELA, EL RINCÓN DE ARIA, ELI MIRANDA, FLORISTERÍA VERDE, JOYERÍA-PERFUMERÍA CASTRO, LA CAPELLANA, LENCERÍA IRELBA, LIRÓN STORE BUEU, LUMAR, MELENA DE LEÓN, MERCAROUPA, MODA INFANTIL VICKY, MUY MÍA, NENE´S MODA INFANTIL, ÓPTICA BUEU, OSBS CLOTHING TWO, PEPELUCHOS e ZAPATERÍA TARABELA.

Este evento organizado por ACIBU, está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, e conta coa colaboración do Concello de Bueu e ABANCA.