Espectáculo «Emovere» da Fundación Igualarte
Evento xa rematado
-
Data
26 octubre, 2024
-
Hora
8:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A compañía de danza da Fundación Igual Arte, chamada «Combai», presenta o seu espectáculo «Emovere», unha peza que pon o foco nas emocións reflectindo o desenvolvemento das mesmas, en como nos afectan, nos mobilizan, nos guían e nos arrastran.
O espectáculo poderase ver en Bueu o sábado 26 de outubro, ás 20.00 horas, no Centro Social do Mar. Cunha duración de entre 40 e 50 minutos, a obra é unha viaxe a través das emocións como a ledicia, a tristura, a ira, o amor, a soidade, o medo ou a calma, que se verán reflictidas na escena por seis bailarinas e bailaríns, como Alejandro Sierto, Helena Cuber, Vanesa Lea, Eva García, Álvaro Di Pasquale e Carmen Gómez, coa coreografía e direción de Irene Fole.