Entroido da Illa de Ons
Evento xa rematado
-
Data
2 marzo, 2025
-
Hora
10:00 am - 6:00 pm
O Concello de Bueu e a Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons organizan o domingo 2 de marzo o Entroido da Illa de Ons, que se celebrara por última vez no ano 1975 e que agora volve á luz tralas investigacións do bueués José Manuel Dopazo. Para ese día está programada unha saída do entroido e as máscaras ás 12.30 horas, seguida dunha fiada co grupo Arredor da tradición, e saída dos mudados. Ademais, para as persoas que desexen asistir, a navieira Nabia disporá de servizo de barco con saída ás 10 horas e regreso ás 18 horas.