Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Entroido Banda do Río

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a Asociación Veciñal Banda do Río e a Asociación Cultural Can do Penedo organizan diversas actividades para celebrar o Entroido no barrio.

O xoves 12 de febreiro terá lugar ás 19 horas no Estaleiro de Purro unha proxección audiovisual sobre o Entroido de Bueu .O domingo 15 organizarase unha filloada e un concurso de sobremesas de Entroido a partir das 17 horas. Dende os colectivos sociais convídase á cidadanía a recuperar a tradición dos bascalleiros.