Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Día do libro nas bibliotecas

Evento xa rematado

  • Durante esta semana haberá exposicións de temática local, citas a cegas cos libros e agasallos para persoas usuarias

O Concello de Bueu,  a través da concellaría de cultura, organiza esta semana unha serie de actividades para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril. A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu e a Biblioteca de Beluso acollerán citas a cegas cos libros, exposicións de temática local e agasallos para persoas usuarias.

Dende este luns xa se pode ver a mostra con libros de autores e autoras locais, unha actividade que ten como obxectivo poñer en valor a literatura bueuesa.

A seguinte das propostas é o préstamo de libros a cegas que van envoltos nun sobre e que as persoas que se acheguen poderán levar como sorpresa, sen saber que se agocha dentro. A iniciativa é unha forma de propoñer lecturas novidosas e sorprender ao lectorado.

E, por último, as persoas que visiten as bibliotecas entre o 22 e o 24 de abril poderán levar un agasallo.