Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

«Dende Rosalía ata as cantareiras de A Xanela do maxín

O Concello de Bueu organiza esta primavera o programa «Contos nas bibliotecas» que se desenvolverá nas bibliotecas municipais.

O programa rematará o xoves 8 de maio ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal de Cela, onde se poderá gozar da obra “Dende Rosalía ata as cantareiras” de A xanela do maxín, na que se pon en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro ata as cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.