De pota e pota en Ons
Evento xa rematado
-
Data
5 septiembre, 2024
-
Hora
11:00 am - 4:00 pm
A Illa de Ons acollerá o vindeiro xoves 5 de setembro a promoción da pota no marco do evento ‘A Festa do Verán. Turismo Pesqueiro’, organizado para celebrar o final do verán 2024. Esta iniciativa, denominada ‘Tapa e Pota en Ons’, está financiada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMPA).
A Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF-4) aproveitará esta ocasión para dar a coñecer esta especie, comercialmente coñecida como “Calamar Volador” ou “Pota”, de alto valor nutricional e gran potencial gastronómico. Durante a xornada, os visitantes poderán degustar de forma gratuíta tres tapas diferentes elaboradas pola Casa Acuña: guiso de pota, bocatín de pota con alioli e empanada de pota.
O evento estará amenizado pola Charanga Charandonga de Pontevedra, e contará con diversas actividades como roteiros, visitas guiadas, música con DJ, e visitas ao museo. As actividades comezarán ás 11:00 horas e prolongaranse ata as 19:00 horas.
Os interesados en asistir poderán adquirir billetes de barco a un prezo especial coa navieira Piratas de Nabia, con saídas dende Bueu, Portonovo e Vigo. A OPPF-4 anima a todos a participar desta xornada festiva, onde a pota será a gran protagonista, tanto polo seu sabor como polo seu valor nutricional.