Curso de formación en competencias dixitais
Evento xa rematado
-
Data
15 septiembre, 2025
-
Hora
9:00 am - 2:00 pm
O 15 de setembro arrancará en Bueu un curso de formación en competencias dixitais de nivel intermedio, no que se agasallará un equipo informático a todo o alumnado que supere o itinerario. A actividade, que ten unha duración de dous meses, está organizada por Dixigal e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Bueu.
A formación desenvolverase de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas na Biblioteca Torrente Ballester. O 11 de setembro haberá unha reunión ás 10.30 horas na Biblioteca para explicar o desenvolvemento.
As persoas que desexen participar terán que estar inscritas como demandantes de emprego no SEPE.
Máis información no teléfono 654825395 ou no enderezo electrónico dixigal@bigformacion.com