Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso de dixitalización para pequenas e medianas empresas

Dende Digalicia, coa colaboración do Concello de Bueu e doutras institucións, organízase un curso para pequenas e medianas empresas no que se abordará a facturación electrónica, a ciberseguridade, o control horario e dixital, o márketing e posicionamento web, as redes sociais e o Whatsapp Business.

O curso desenvolverase o 22, 23 e 24 de abril dende as 16.30 ás 19.30 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu.

Toda a información e inscricións poden facerse a través do teléfono 677848095 ou no enderezo electrónico antonio.juncal@estudiosrafer.es