Contos na biblioteca: «Cambia o conto» de Música Miúda
-
Data
19 junio, 2025
-
Hora
6:30 pm - 8:00 pm
O Concello de Bueu segue a promover o uso das bibliotecas municipais como espazos de encontro e lecer con propostas para o público miúdo. Para iso organiza unha nova xeira de “Contos na biblioteca”, que terá tres sesións de contacontos en xuño nas bibliotecas municipais.
O 19 de xuño na Biblioteca Municipal de Cela, ás 18.30 horas, poderase gozar da obra “Cambia o conto” de Música Miúda. Nel cóntase a historia dun lobo feroz e unha nena asustada, e tamén dunha avoa indefensa e unha madrasta malvada. O mítico conto da Carapuchiña Vermella pero dado a volta e cunha nova ollada.