Contacontos: «Cinema Marabillas: ver para ler» de Raquel Queizás
Evento xa rematado
-
Data
11 diciembre, 2025
-
Hora
6:00 pm - 7:00 pm
-
Casa do Pobo de Beluso
Rúa Nova de Arriba, s/n - Beluso
O Concello de Bueu organiza o 11 de decembro o contacontos «Cinema Marabillas: ver para ler» de Raquel Queizás, do que se poderá gozar a partir das 18.00 horas na Biblioteca Municipal de Beluso.
SINOPSE: Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.
O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida.
Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.
A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.
Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas.
Reflexan as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente…
Estas historias nacen dentro de nós cando somos crianzas. A unha nena, a un neno gústalle vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas…