Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Contacontos «Cabicivai» de Pablísimo

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o 2 de xaneiro o contacontos «Cabicivai» de Pablísimo, que terá lugar ás 18 horas no Centro Sociocultural de Cela.

SINOPSE: CABICIVAI é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode sair calquera cousa!!
Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais. O novo espectáculo de Pablísimo para o público infantil e familiar. Cabicivai é o seu novo espectáculo.