Concerto presentación Gran Reserva
Evento xa rematado
-
Data
24 mayo, 2025
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A banda Gran Reserva ofrecerá o 24 de maio un concerto de presentación en Bueu, que terá lugar ás 20.30 horas no Centro Social do Mar.
GRAN RESERVA é unha banda viguesa formada recentemente por 3 galegos e 2 arxentinos, todos eles con gran experiencia musical. Non en van proceden de distintas bandas punteiras da provincia e tamén de Arxentina. Esta experiencia adquirírona actuando en teatros, locais,televisións, etc, durante máis de 20 anos.
Trátase dunha banda moi versátil, cuxa orixinalidade reside nas personalísimas versións de temas coñecidos e que abarcan estilos tan diferentes como o rock, blues, funky, latino…A banda está conformada:Jaime Carbajo (guitarra, voz e coros) Carlos Piccolo (teclados, harmónica e coros), Tomi Martínez (bajo e coros), Ernesto Cid (batería), Jose Tilve (guitarra, voz e coros).