Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto «Cantares e contares» de Tres Pesos

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acollerá o 22 de decembro o concerto «Cantares e contares» de Tres Pesos, do que se pdoerá gozar a partir das 20.00 horas. A actividade insírese na Rede de Dinamización Lingüística.

SINOPSE: O destino designou como depositarias da nosa esencia ás xentes do pobo, e cando estas cantan e contan a quen as quere escoitar, o que sucede transcende a unha simple comunicación: a transmisión oral crea, entre quen emite e quen recibe, un vínculo que os fai para sempre parte dunha mesma realidade; posuidores do mesmo coñecemento e responsables da súa perdurabilidade.

Tanto cada unha das cantigas dos temas que conforman este traballo como os seus títulos son pequenas pílulas que conteñen ensinanzas e mensaxes completas, ou que nos levan a reflexións necesarias para comprender a idiosincrasia da nosa sociedade onte, hoxe e mañá. Conteñen, en resumo, un anaco da nosa esencia: do ser galego.

Os Tres Pesos soben á escena neste traballo para establecer ese vínculo unha vez máis, para ampliar o campo da transmisión oral máis aló das cantigas, para compartir co público unha ducia de Contares e cantares entrañables que eles recibiron xa de outros. Para que a roda da transmisión oral non se deteña.