Cinema na rúa: «Robot dreams»
Evento xa rematado
-
Data
8 agosto, 2024
-
Hora
10:00 pm - 12:00 am
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu organiza durante o mes de agosto varias proxeccións de «Cinema na rúa», que se desenvolverán polos diversos lugares da vila.
O 8 de agosto, a Praza Massó acollerá a proxección do filme «Robot dreams» que se poderá ver ás 22 horas na Praza Massó. A película está baseada na popular novela gráfica de Sara Varon. Nela atopamos a Dog, un can solitario que vive en Manhattan e un día decide construír un robot para que sexa o seu amigo. A súa amizade medra ata facérense inseparables, ao ritmo do Nova York dos anos 80, pero unha noite de verán, Dog, cunha gran dor, verase obrigado a abandonar o robot na praia.