Cinema na rúa: «Ponyo en el acantilado»
Evento xa rematado
-
Data
22 agosto, 2024
-
Hora
10:00 pm - 12:00 am
O Concello de Bueu organiza durante o mes de agosto varias proxeccións de «Cinema na rúa», que se desenvolverán polos diversos lugares da vila.
O 22 de agosto, o Torrecino de Cela acollerá a proxección do filme «Ponyo en el acantilado» que se poderá ver ás 22 horas. A historia céntrase en Sosuke, un neno de 5 anos, e a súa relación cunha princesa peixe que desexa converterse nun ser humano. A obra é unha adaptación libre de «A sereíña», que obtivo moi boa acollida da crítica no Fesrtival de Venecia 2008.