Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cinema na rúa: Flow

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza este mes de agosto ‘Cinema na rúa’, un proxecto con cinema na rúa para gozar en familia.

O 7 de agosto poderase ver o filme de “Flow” na Praza Massó, ás 22.00 horas.

SINOPSE: Un gato esperta nun mundo cuberto de auga, onde a raza humana semella ter desaparecido. Busca refuxio nun barco cun grupo doutros animais. Pero levarse ben con eles supón un reto aínda maior que superar o seu medo á auga. Todos terán que aprender a superar as súas diferenzas e adaptarse a este novo mundo no que se atopan.