Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cinema na rúa: «Elemental»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante o mes de agosto varias proxeccións de «Cinema na rúa», que se desenvolverán polos diversos lugares da vila.

O 14 de agosto, o Parque Joe Novas de Beluso acollerá a proxección do filme «Elemental» que se poderá ver ás 22 horas. Ambientada na Cidade Elemento, onde conviven habitantes de lume, auga, terra e aire, a protagonusta desta historia é Candela, unha moza forte, enxeñosa e con carácter, cuxa amizade cun mozo sensible chamado Nilo, cambiará a súa perspectiva sobre o mundo no que viven.