Cinema na praia Ficbueu
Evento xa rematado
-
Data
22 agosto, 2025
-
Hora
10:00 pm - 12:00 am
-
Banda do Río
Rúa Banda do Río
O Festival Internacional de Cinema de Bueu ofrecerá o 22 de agosto dúas sesións gratuítas na Praia de Bueu (Banda do Río), onde se proxectarán algunhas das mellores curtametraxes das súas últimas edicións.
As proxeccións estarán organizadas en dúas sesións: unha con filmes recomendados para todos os públicos, a partir das 22:00 horas; e unha segunda, ás 23:00 horas, na que se exhibirán curtametraxes destinadas a maiores de 16 anos.As organizadoras suxiren ao público que leve cadeiras, mantas, toallas ou outros elementos para acomodarse comodamente durante os pases de curtas no areal.
O Festival Internacional de Cinema de Bueu prepárase para acollervos na súa 18ª edición. Será unha oportunidade única para gozar das últimas novidades do mellor cinema de autor a través dunha coidada selección de curtametraxes.