Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «Somos gente honrada» de Alejandro Marzoa

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, no que se proxectarán filmes galegos ou relacionados coa nosa cultura.

O programa arrancará o 2 de maio con «Somos gente honrada» de Alejandro Marzoa, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar cunha entrada de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: O filme é unha comedia con tintes dramáticos que segue a situación na que se atopan Carlos e Miguel, dous pais de familia que se coñecen case dende a infancia e comparten amizade dende entón. Ambos están pasando por unha etapa bastante complicada, xa que aos seus cincuenta anos atópanse sen traballo e sen diñeiro, o que obstaculiza enormemente o benestar das súas familias. No momento que parece que a situación xa non pode sosterse ocorre un milagre: mentres os dous amigos gozan como poden dun día normal de pesca, un paquete de dez quilos de cocaína cae nas súas mans.