Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «La marsellesa de los borrachos» de Pablo Gil

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, no que se proxectarán filmes galegos ou relacionados coa nosa cultura.

O 23 de maio poderase ver «La marsellesa de los borrachos» de Pablo Gil, que terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar cunha entrada de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Durante o verán un equipo de rodaxe percorre as estradas e vilas do norte de España. Seguen os pasos da viaxe clandestina realizada polo grupo Cantacronache, que no verán de 1961, en plena ditadura franquista, recolleu cancións populares da resistencia. A través do prisma da memoria oral e dos arquivos sonoros rexistrados en 1961 as dúas viaxes dialogan, conformando unha xeografía emocional e política dun territorio no que as feridas do pasado seguen abertas.