Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla sobre ciberseguridade práctica para o día a día

A Fundación Esplai, coa colaboración do Concello de Bueu e a Xunta de Galicia, impartirá o 25 de novembro unha charla para persoas maiores sobre ciberseguridade práctica para o día a día.

A sesión terá lugar na Sala de Benestar Social de 10.00 a 12.00 horas, e as inscricións poderán facerse de balde no departamento de servizos sociais.