Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla «Outra maneira de soñar, historia do cine e do teatro en Bueu»

Evento xa rematado

Durante o mes de agosto celebraranse as Xornadas «Tempo de lecer», organizadas polo Concello de Bueu e o grupo «O mar por diante».

O 21 de agosto, ás 21 horas, terá lugar a charla na que o investigador local Arturo Sánchez Cidrás falará sobre a historia do cinema e do teatro en Bueu. Dende o cine mudo até o cinemascope, das proxeccións ao aire libre ás salas que durante anos acolleron a veciñas e veciños que sentados en cadeiras que ás veces levaban de casa, ou máis adiante en cómodos sofás, contemplaron os mundos descoñecidos e as historias fantásticas que se reflectían nas pantallas. Arturo Sánchez daranos a coñecer ese fenómeno social tan característico dunha época, hoxe en desaparición, e sumaralle a implantación en Bueu desa outra modalidade de escenificación que é o teatro.