Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla «O mar feito arte: a pegada de Urbano Lugrís en Bueu»

Evento xa rematado

Durante o mes de agosto celebraranse as Xornadas «Tempo de lecer», organizadas polo Concello de Bueu e o grupo «O mar por diante».

O 28 de agosto, ás 21 horas, terá lugar a conferencia “O mar feito arte: a pegada de Urbano Lugrís en Bueu”. Nela o xornalista Francisco Rodríguez Pastoriza traeranos de volta a Bueu a figura de Urbano Lugrís, o artista que non deixaba de axexar o mar. Nunha conversa con José María Barreiro, abordarase a figura deste personaxe central dunha época poliédrica, dunha xeración de vangardas, dun momento estelar da cultura galega, da traxedia dunha guerra e dunha Galicia amputada. Ademais farán fincapé no vínculo que o artista estableceu coa vila de Bueu, explicitado nos murais do Museo Massó e no deseño e debuxos da capela dos Santos Reis.