Carreira e andaina solidaria ACCEM
Evento xa rematado
-
Data
11 abril, 2025
-
Hora
12:00 pm - 2:00 pm
- A iniciativa desenvolverase a partir das 12 horas polas rúas próximas aos centros educativos
Bueu acollerá este venres, 11 de abril, unha carreira solidaria a favor da ONG Accem e dos refuxiados que actualmente se atopan aloxados na vila morracense. A iniciativa está organizada polo IES Johan Carballeira e a asociación de nais e pais do centro, e conta coa colaboración do CEIP A Pedra e do Concello de Bueu.
Aproveitando o último día de clases antes das vacacións de Semana Santa, a partir das 12 horas deste venres desenvolverase a andaina solidaria e, a continuación ás 12.45 horas, a carreira, para finalizar coa entrega de premios no salón de actos do IES Johan Carballeira. Precisamente, os premios consistirán en ovos de pascua e roscón e participarán alumnos e alumnas do instituto, así como de infantil e algúns cursos de primaria do CEIP A Pedra.
A carreira consistirá nun percorrido polas rúas Staffan Mörling, Ramón Bares e A Pedra que se rodearán tres veces para a carreira e dúas no caso da andaina. A inscrición consistirá na doazón de 1 euro e toda a recadación se fará á ACCEM.