Andaina e carreira solidaria de Pascua
Evento xa rematado
-
Data
27 marzo, 2026
-
Hora
12:00 pm - 2:00 pm
- A iniciativa desenvolverase a partir das 12 horas polas rúas próximas aos centros educativos de Bueu
Bueu acollerá este venres, 27 de marzo, unha carreira solidaria a favor de Cáritas Bueu. A iniciativa está organizada polo IES Johan Carballeira e a asociación de nais e pais do centro, e conta coa colaboración do CEIP A Pedra, así como da anpa e do Concello de Bueu. Precisamente, a pasada semana lugar a presentación da iniciativa nun acto diante da Casa Consistorial no que estiveron Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, ademais de representantes dos colectivos organizadores.
Aproveitando o último día de clases antes das vacacións de Semana Santa, a partir das 12 horas de mañá desenvolverase a andaina solidaria e, a continuación ás 12.45 horas, a carreira, para finalizar coa entrega de premios no salón de actos do IES Johan Carballeira. Precisamente, os premios consistirán en ovos de pascua e unha bolsa de lambetadas para os tres primeiros clasificados de 5º e 6º de primaria.
A inscrición consistirá na doazón de 1 euro e toda a recadación se fará a Cáritas, para a que tamén se recollerán alimentos non perecedoiros.