Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Afinidades electivas: Míriam Ferradáns e Mario Obrero

Evento xa rematado

A Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá un acto poético no que participarán a poeta local Míriam Ferradáns e o tamén poeta Mario Obrero, no marco do programa de «Afinades electivas» organizado pola Libraría Miranda e a Dirección General del libro, del cómic y la lectura.

Míriam Ferradáns é autora dos poemarios Nomes de fume, Deshabitar unha casa ou Agosto, e mereceu diversos premios literarios, destacando o Francisco Añón de Poesía no 2016, o Pérez Parallé, o Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat, e no eido do xornalismo, o Lueiro Rey e o de Afundación. Pola súa banda, Mario Obrero, comezou a escribir aos 7 anos e con 14 publicou o seu primeiro poemario, Carpintería de armónicos. Tamén escribiu os poemarios Peachtree City e Cerezas sobre la muerte.